
Ahí ven, ahí está, xa cheira a navidá. Reunións de familiares e amigos arredor dunha mesa case sempre desbordada.E xa nos estamos lamentando polos futuros atracóns, os ximnasios xa están cheos e os bolsillos temblando.Todos á espera:preparados,listos,XAAA!son vicio e consumismo.Que imos facer?pois deixarse levar.Non hai cartos pa máis.
Queixarse é absurdo pero inevitable,solo nos queda soñar...voaaarrrrrr.E como de soños non se vive...COÑO!Esperta xa!!e a traballar!
Inda non aspirei, nin recollín a roupa ou limpei a cociña. A quen lle apetece facelo?
Teño unha amiga que comprou unha aspiradora autómata e está encantada. E como é novidade pasan todo o día detrás do aparato para ver como traballa. É a sua nova mascota.
Iso lémbrame que non dou vendido a miña VAPORETA...inda vai caducar e nin a estreei.Terei que baixar o prezo un pouco máis ou regalarlla a algunha coñecida porque nin sequera me collería no "piso"(dícese do meu cuchitril de 40m cadrados), pequeno pero acolledor eh!!
Canto tempo fai que non tomo un avión!xa teño ganas pero a saber cando será iso...estiven pensando que casarse é unha excusa boa para que che paguen a viaxe (breve pensamento), pero hai que estudiar o tema moi ben para que dea un resultado positivo (falo de cartos eh! non vos depistedes). QUE NON ME CASO! Son solo suposicións.
Chegará un día no que as maletas sexan transparentes? ou será mellor non levar maletas e compralo todo? mellor inda non mudar de roupa nin nada. E beber auga nos baños. Que triste!Si o inimigo está na casa!
Amijas miñas cando volveremos vernos para recordar vellos tempos? Cando faremos plans?